A guerra de Ucraína está a ser unha crise humanitaria internacional. Son moitas as iniciativas individuais que están xurdindo. Desde o Concello de Baiona, compartimos as recomendacións dadas para axudar ao pobo ucraíno de forma eficaz por parte da Xunta de Galicia, da Fegamp, a Coordinadora Galega de ONGD, Farmacéuticos Mundi, Médicos del Mundo, UNICEF, Cruz Vermella, EDUCO, Entreculturas, ACNUR, Axuda en Acción, Movimiento por la Paz, El Desarme y la Libertad e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
1.- Recoméndase canalizar a axuda da cidadanía a través de doazóns económicas mediante as diferentes Organizacións Non Gubernamentais (ONG) Humanitarias que traballan na zona, así como a través de organismos humanitarios especializados.
– Organizacións en Galicia con presenza no terreo:
– Médicos del mundo: https://www.medicosdelmundo.org/ayuda-ucrania
– Entreculturas: https://www.entreculturas.org/es/home
– Educo: https://www.educo.org/landing/emergencia-ucrania
– Farmacéuticos Mundi: https://farmaceuticosmundi.org/solidaridad-con-ucrania/
– Ayuda en Acción: https://colabora.ayudaenaccion.org/espana/es/emergencia-ucrania
– Para máis info:
https://galiciasolidaria.org/como-apoiar-a-poboacion-na-ucraina/
– Cruz Vermella
– UNICEF
– ACNUR
2.- Desaconséllanse as doazóns en especie, ao resultar menos eficiente este tipo de axuda e constituír unha mala práctica no ámbito da axuda humanitaria.
Información para desprazados ucraínos en España:
http:// https://www.inclusion.gob.es/es/ucrania/protecciontemporal/index.htm
Guía Desprazados Ucraínos Інформація для переміщених
Guía Desprazados Ucraínos Castelán
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal