febrero, 2023
10feb(feb 10)20:0012(feb 12)15:00Entroido Baiona 2023
Detalles de la Actividad
O Concello de Baiona gozará esta fin de semana do celebración adiantada do Entroido. O consistorio e
Detalles de la Actividad
O Concello de Baiona gozará esta fin de semana do celebración adiantada do Entroido. O consistorio e a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Baiona (ACEBA) complementan esta celebración con distintas actividades durante estos días.
De este xeito, mañá venres a partir das 20:00h as rúas do Vila encheránse de ritmo coa música da charanga “Imperiais”. Xa o sábado, quetaránse motores pola mañá coa actuación a partir das 12:00h e ata as 15:00h da charanga “Va K Pinta”. O concurso de comparsas de Entroido terá saída ás 17:00 horas desde a Avenida Urbana de Sabarís e percorrerán as rúas Santa Marta, Monterreal e Elduayen para terminar no Paseo Ribeira. Tras o desfile, terá lugar o tracional enterro da sardiña. Pola noite, entre as 22:00h e as 00:00, a charanga “Nova Cubana” ambientará as rúas do Casco Vello de Baiona.
A música volverá encher de ritmo a localidade o domingo de mañá entre as 12:00h e as 15:00h coa a charanga “Os Jaláticos”.
O Concello de Baiona adianta unha semana a celebración do Entroido. Aínda que a data oficial será a última fin de semana de febreiro, desde a Concellería de Cultura decidiuse adiantalo sete días para que a súa celebración non estea tan próxima á festa máis popular da vila, a Arribada, que este ano se celebrará o 3, 4 e 5 de marzo, e que tamén encherá de fantasía, neste caso medieval, as rúas da localidade.
Deste xeito, o Concello de Baiona será unha dos primeiros en levar a cabo esta celebración.
Corte de tráfico da PO-552 polo desfile de comparsas de Entroido de Baiona
O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local, realizará este sábado, 11 de febreiro, en xornada de tarde, un corte de tráfico progresivo e desvíos con motivo do desfile de comparsas de Entroido.
O primeiro dos cortes producirase desde as 14:30 horas no carril dirección Vigo da Avenida Urbana de Sabarís ata as 16:30, cando o tráfico quedará totalmente cortado desde a rotonda da autoestrada en Sabarís (PO-552 Km. 14.500) ata a rotonda do Villa Rosa (PO-552 Km 17) ata o final do desfile, que se estima sobre as 20:30h.
O tráfico será desviado por vías alternativas e pola circunvalación AG-57.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal
Más información
Hora
10 (Viernes) 20:00 - 12 (Domingo) 15:00
Ubicación
Baiona
Organiza
Concellería de Cultura