maio, 2022
17mai18:3019:30Espectáculo Infantil “A miña lingua, a tua lingua”
Detalles da Actividade
Os Xardíns da Casa da Navegación de Baiona acollen o vindeiro 17 de maio ás 18:30h, Día das Letras Galegas o espectáculo “A miña lingua,
Detalles da Actividade
Os Xardíns da Casa da Navegación de Baiona acollen o vindeiro 17 de maio ás 18:30h, Día das Letras Galegas o espectáculo “A miña lingua, a tua lingua”.
A miña lingua, a túa lingua, do grupo de música infantil O Viravai, é moito máis ca un concerto. Trátase dun espectáculo participativo pensado para nenos e nenas de 6 a 11 anos de idade no que se inclúen cancións en galego e inglés, un idioma que se introduce partindo da lingua propia de Galicia.
A actividade é gratuita.
DETALLES DO EVENTO
Unha nova amiga que nos vai ensinar todo o necesario para comezar a falar en inglés, nunha clase moi divertida, con Paio, Aurelio e moita música.
Oviravai é unha compañía galega, adicada ao desenvolvemento de contidos educativos e culturais para público infantil e familiar. Os seus fundadores, Verónica Santalices e Federico Welicki, xunto con Erika Welicki Santalices e Xacob Welicki Santalices, conforman o núcleo principal dun equipo que conta con mais de 15 artistas de diversas disciplinas.
Eles mesmos consideran a compañía como unha fábrica de soños. Soños que mediante personaxes como o Teixugo Paio, o Oso Aurelio, ou a Moucha Anacleta, entre moitos outros, convirten en realidade a través da música, os espectáculos e os libros.
Máis información
Hora
(Martes) 18:30 - 19:30
Ubicación
Xardíns Casa da Navegación
Organiza
Concellería de Deportes e Cultura