agosto, 2022

06agoTodo o díaFestas Patronais da Anunciada: Programa completo

Detalles da Actividade

Todo o que necesitas saber sobre a Festa da Anunciada 2022

Baiona volverá celebrar o seu Festa da Anunciada con máis ganas que nunca. Estas festas celébranse en Baiona en honra á Virxe da Anunciada, patroa da vila de Baiona e dos seus mariñeiros.

Volve a tradicional procesión en honra á Virxe da Anunciada polas rúas do centro histórico da vila. Tamén volven as actuaciónes da Danza de Espadas e da Banda de Música de Belesar.

O evento terá lugar desde o próximo día 5 de agosto ata o 8 do mesmo mes.

As festas de Baiona darán comezo o próximo 5 de agosto ás 11.00 horas co tiro de salvas ou 3 bombas de palenque. Pola tarde, a partir das 20.30 horas, a Alameda da Carabela Pinta acollerá a saída do pasarrúas “Mundo Circense” a cargo da Festa Escénica. A partir das 23:00 no Parque da Palma celebraráse unha sesión Dj e ás 23:30h está previsto o concerto de Abraham Mateo.

O sábado, día 6 de agosto, ás 11.00 horas co tiro de salvas ou 3 bombas de palenque. Ás 11:30horas partirá da plaza do concello o pasarrúas dos xigantes e cabezudos acompañados pola Asociación Cultural “A Seneira de Baiona”.

Pola tarde, a partir das 20.00 horas, haberá misa solemne cantada polo “Coro de Homes Voces Baionesas” e acto seguido, procesión polas rúas da Vila acompañada pola “Agrupación Musical de Belesar”, coa actuación da tradicional “Danza das Espadas” na Praza de Santa Liberata.

Ademais, o mesmo día ás 22:30 horas dará inicio o concerto de Atraco, no parque da Palma. Ás 00:00h do domingo 7 de agosto, terá lugar a gran tirada de lume de lucería a cago da pirotécnia Argimiro Alborés e ás 00:30h dará comezo o concerto de Burning.

O final da festa será o domingo 7 de agosto. Ás 11.00 horas faráse o tiro de salvas ou 3 bombas de palenque. Ás 11:30horas partirá da praza do Concello o pasarrúas dos xigantes e cabezudos acompañados pola charanga “Nova Cubana” , polas rúas e prazas do casco antiguo baionés.

Doutra banda, entre as 12:00-13:00h terá lugar o pasarrúas a cargo da Asociación Folclórica “Vila de Baiona” e da Asociación Cultural “A Seneira” de Baiona ata o Parque da Palma onde terán lugar as actuacións dos grupos ás 13:00h.

A continuación,levaráse a cabo a actuación da tradicional “Danza das Espadas de Baiona” e á entrega da “Placa Homenaxe” a un compoñente da agrupación.

Pola tarde, a partir das 17:00 horas, o porto pesqueiro de Baiona acollerá o concurso das tradicionais “Cucañas Marítimas” (inscrición previa do 22 de xullo ao 2 de agosto, na Concellería de Cultura de Baiona). Ás 19:00h no Parque da Palma haberá un espectáculo familiar “Los Gabytos”. Xa pola noite, a partir das 22:00h e neste mesmo lugar, o broche de ouro poñerao, o concerto de Michael Legend. Jackson Tribute. Homenaxe ao Rey do Pop.

O luns, 8 de agosto, na Igrexa de Santa María de Baiona ás 11:00 horas, celebrarase a misa de “San Telmo” polos mariñeiros falecidos.

Programa Anunciada 2022

Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.ga

Máis información

Hora

Todo o día (Sábado)

Ubicación

Parque de A Palma

Organiza

Concellería de Deportes e Cultura

Medidas de protección e saúde para este evento

Mascarilla Obrigatoria
Manter a distancia de seguridade
Zona desinfectada
Evento de exterior
X