septiembre, 2022

26sep00:0023:45Festivo Local San Cosme e San Damián 2022

Detalles de la Actividad

O luns 26, festivo local, o grupo de gaitas “Os Trebellos” de Baíña ofrecerán dúas actuacións no atrio de Santa Liberata, unha ás 13:00h e outra ás 18:45h.

En canto aos actos relixiosos, o sábado, día 24 de setembro, haberá novena ás 19:00h na Capela de Santa Liberata. O domingo a Ex-Colexiata de Santa María acollerá misas ás 10:30h, ás 12:30h e ás 19:00h. Pola tarde, ás 18:00h na Capela de Santa Liberata celebrarase a novena.

O luns, día 26 de setembro (festivo local), haberá misas ao longo de todo o día: Ás 08:00 e ás 09:00, na Capela de Santa Liberata. Ás 10:00, 12:00 (misa solemne), 18:00 e 20:00 na Ex-Colexiata de Santa María. A tradiconal procesión terá lugar ás 11:15h acompañada por “Os Trebellos”.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, destaca que “O Concello de Baional profunda na súa aposta pola recuperación da gran romaría de San Cosme e San Damián no municipio, con tres días de programación. Se aposta pola liña de recuperación e posta en valor do arraigamento desta tradicional festa. Trátase dunha celebración que suma legado e vangarda vinculada ao ámbito tradicional por iso desde o Concello de Baiona envorcámonos para que brille como se merece”.

Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.ga

Más información

Hora

(Lunes) 00:00 - 23:45

Ubicación

Baiona

Organiza

Concellería de Deportes e Cultura

X