agosto, 2021

09ago21:0022:00Najla Shami "Violencia Zero"

Najla Shami en Baiona

Detalles de la Actividad

Despois de máis de 100 accións artísticas por toda a provincia, a  VI Edición do programa «Mulleres en acción: Violencia Zero» chega a  Baiona coa peza “palabr(A)” a cargo da da artista Najla Shami, vocalista e compositora ,”Unha conversa que xurde da necesidade de expresar a forma do mundo na boca dunha muller usando a poesía e a música como vehículo e arma”

O evento terá lugar o luns 9 de agosto  ás 21:00 h. no parque da Palma. As persoas interesadas en desfrutar do evento, poderán reservar praza a través do enderezo electrónico administrativo.cim@baiona.gal facilitando nome e apelidos , NIF e teléfono de contacto ata o vindeiro luns 9 ás 12:00 horas ou a través do teléfono 986 35 75 54 en horario de 9:00a 14:00 h . ou poderán facilitar os seus datos no acceso ao recinto o propio luns de haber butacas libres. Para acceder ao recinto é obrigatorio o uso da mascarilla, manter a distancia de seguridade e cumprir todas as medidas de prevención da COVID 19 .

NAJLA SHAMI

Vocalista e compositora nada en Santiago de Compostela, filla de dúas culturas: palestina e galega. Interesada pola música desde nena, comezou os seus estudos no Conservatorio de Música de Ourense e a cantar con 9 anos. A súa voz vaise influenciando paulatinamente por estilos coma o jazz, funk, blues e o pop. Estuda Educación Musical na Universidade de Santiago de Compostela e Jazz e Música Moderna en Estudio Escola de Música (Santiago de Compostela). Tamén afonda na técnica vocal e a súa pedagoxía, calidades da voz, prevención, detección e recuperación de enfermidades da voz coas instructoras Helen Rowson, Alexandra Morales e a foniatra Marisa Lois a partir da técnica vocal Jo Estill.

A partir dese momento comeza a participar en diversas actividades tanto en solitario como formando parte de diversas bandas entre os que cabe destacar os traballos polifónicos no Coro da Rá, Coro da Agemm ou no quinteto vocal de jazz Os Tristáns. Estas actividades levarana a Noruega, Estados Unidos, Xordania, India, Portugal, Xapón e entre 2003 e 2011 a colaborar en numerosas publicacións, incorporando paulatinamente novas influencias na súa linguaxe, achegando sons de Brasil, África e Oriente Medio que mesturadas ás súas raíces e ao jazz imprimirán unha fonda pegada na súa evolución. Nesta etapa atopamos arredor dunha vintena de publicacións e numerosas participacións con músicos de diferentes latitudes en festivais como “Estou Lá, Festival da Lusofonia” ou “Terra da Fraternidade, Homenaxe a Zeca Afonso” ou o exitoso CoraSons (Kalandraka e Afrontamento, 2013) e no concurso de televisión Oh Happy Day! 2015 no que participou como xurado na versión galega do programa.

O seu primeiro traballo está publicado no 2013. O libro-disco “Na lingua que eu falo” (Editorial Galaxia) é unha ollada elegante e profunda aos poemas da poeta galega Rosalía de Castro. Nesta obra, a compositora recolle a súa bagaxe musical para conformar unha obra íntima e delicada o que lle valeu a nominación como finalista nos XIII Premios Opinión de Música Folk nas categorías de Mellor Novo Artista e de Mellor Tema Orixinal. En 2016, guiada pola súa crecente curiosidade e pola necesidade de aprender máis sobre as súas raíces, decide mudarse temporalmente a Xordania e unirse ao Conservatorio Nacional de Música para estudar as materias de canto árabe e teoría da música oriental e a Crescendo Music & Art Academy onde imparte workshops e clases de técnica vocal individual. Así nace “Ela Sabe A Sol, Galaxia 2019” o seu máis recente álbum, froito desta estadía. Unha mostra da marabillosa mestura de culturas que caracteriza a Najla Shami e que recibiu o Premio Martín Códax da Música ao mellor disco de músicas do mundo de Galicia na súa VII edición.

Más información

Hora

(Lunes) 21:00 - 22:00

Ubicación

Parque de A Palma

Medidas de protección y salud para este evento

Mascarilla Obligatoria
X