octubre, 2021

03oct20:0021:30Peza teatral "Elisa e Marcela" dentro da programación cultural "Tornar Ás Taboas"

Detalles de la Actividad

Marcela Graza Ibeas e Elisa Sánchez Loriga coñecéronse e namoráronse a mediados da década de 1880 na Escola Normal de mestras da Coruña. Despois, empezaron a traballar en distintas escolas de varios Concellos da zona pero sempre tentando estar o máis preto posible para poder vivir xuntas. En 1901 Elisa viaxa á Coruña, córtase o pelo, vístese con roupa de home e déixase crecer o bigote para finxir que é un home. Finalmente o 8 de xuño casan e é cando comeza o pesadelo.

A compañía A Panadaría retrata sobre o escenario esta historia de amor, sen adornos, sen artificios, teatro en estado puro onde o principal son as actrices. A dramaturgia é froito do traballo conxunto da directora da obra Gena Baamonde e o tres integrantes da panadaría, Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro. Un texto que narra dun modo moi sinxelo e tenro unha historia de dor, persecución e sufrimento pero sobre todo de amor.

A entrada do evento será gratuíta. Aforamento limitado segundo orde de chegada. As portas do auditorio abriranse trinta minutos antes do espectáculo.

En todos os espectáculos manteranse as novas normativas de aforamento e de distancia social marcados polos protocolos de seguridade contra o Covid-19.

Sinopsis
Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas da Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

Más información

Hora

(Domingo) 20:00 - 21:30

Ubicación

Auditorio Municipal

Rúa Santísima Trinidade, 22

Organiza

Concellería de Deportes e Cultura

Medidas de protección y salud para este evento

Mascarilla Obligatoria
Zona desinfectada
X