noviembre, 2021

06nov19:3021:00Programación Novembro Lila 2021: Concerto Sés "Liberar as arterias"

Detalles de la Actividad

O concerto da cantautora galega Sés porá a nota musical da programación “Novembro Lila” deseñada pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller.

A artista galega presentará durante o evento o seu novo traballo discográfico Liberar as arterias. O seu sétimo traballo discográfico repleto de cancións de propia autoría.

O concerto é gratuíto e é necesaria a retirada da entrada previa para poder garantir o cumprimento dos aforamentos. Desde a concellería informarase que a partir do 30 de outubro poderanse reservar as localidades para o evento a través do calendario da páxina web municipal do Concello de Baiona: www.baiona.gal/calendario

A apertura de portas para acceder á zona de concertos será media hora antes, ás 19:00 h., e a concellería advirte que será necesario acudir con, polo menos, 15 minutos de antelación. Na entrada do auditorio será necesario ensinar o código QR que se xenera ao inscribirse.

Con respecto ao cumprimento do protocolo Covid, será obrigatorio o uso de máscara, haberá un punto de desinfección de mans no acceso ao recinto e o público, que non poderá introducir comida ou bebida, deberá permanecer sentado no lugar asignado pola organización.

Más información

Hora

(Sábado) 19:30 - 21:00

Ubicación

Auditorio Municipal

Rúa Santísima Trinidade, 22

Organiza

Concellería de Igualdade, Xuventude e Novas Tecnoloxías

Medidas de protección y salud para este evento

Mascarilla Obligatoria
Manter a distancia de seguridade
Zona desinfectada
#thegov_carousel_6812b20df2835 .slick-arrow { border-color: #EE2737; background-color: transparent; box-shadow: 0px 9px 30px 0px rgba(0,0,0,0); } #thegov_carousel_6812b20df2835 .slick-arrow:after { color: #7A7A7A; }#thegov_carousel_6812b20df2835 .slick-arrow:hover { background-color: transparent; box-shadow: 0px 9px 30px 0px rgba(0,0,0,0); } #thegov_carousel_6812b20df2835 .slick-arrow:hover:after { color: #212121; } #thegov_carousel_6812b20df2835 .slick-arrow:hover:before { opacity: 0; }
X