octubre, 2022
12oct17:4520:00Ritmos da Hispanidade 2022
Detalles de la Actividad
A Concellaría de Cultura do Concello de Baiona deseñou unha programación con motivo da celebración do día da Hispanidade: “Ritmos
Detalles de la Actividad
A Concellaría de Cultura do Concello de Baiona deseñou unha programación con motivo da celebración do día da Hispanidade: “Ritmos da Hispanidade”.
A Concellaría de Cultura deu un paso máis na celebración desta efeméride e programou un concerto na praza de Concello ás 19:00h o propio día 12 de outubro, tras o acto institucional que se celebrará na Vila con motivo de tal efeméride.
O 12 de outubro celebrarase ás 18:00h o acto protocolario na praza do Concello para despois gozar do concerto “A Viaxe” facendo unha viaxe musical polos ritmos dente Arxentina a Galicia. A biografía de Juan Carlos Cambas, contada en primeira persoa, nunha viaxe integradora e enriquecedero a través do mellor da música de ambas beiras atlánticas.
O rexedor baionés, Carlos Gómez Prado explica “que esta programación está diseñeda para achegar a celebración da hispanidade a toda a cidadanía. Quixemos dar un cambio aos eventos que organiza o concello co obxectivo de que os gocen todos os veciños e veciñas da vila. Para que todo o pobo participe deles. Por iso o día 12 organizamos un acto aberto no que toda a cuidadanía poida gozar. O obxectivo é gozar da Hispanidade todos xuntos. O Concello de Baiona leva celebrando o acto 21 anos e había que darlle unha volta para que todo o pobo puidese participar deste evento, sempre respectando o protocolo, a celebración do día da Hispanidade deixou de ser un acto encorsetado no que participaban uns poucos para pasar a ser un acto para todos e todas”.
O acto de celebración do día da Hispanidade está subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra. Este día leva celebrándose na Vila desde fai vinteún anos , en colaboración coa institución provincial, debido á relación que Baiona ten con América e coa comunidade colombina, ademais do feito histórico de que Baiona foi o primeiro porto de Europa en ser coñecedor do Descubrimento de América cando chegou ao seu porto a Carabela Pinta ao mando de MartÍn Alonso Pinzón.
Todo iso terán lugar na Praza do Concello.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal
Más información
Hora
(Miércoles) 17:45 - 20:00
Ubicación
Praza do Concello
3600