mayo, 2022

29may12:0022:00Village da Baiona Sailing Week

Detalles de la Actividad

Que Baiona ten mar non é ningunha novidade. E que cada vez vive menos de costas ao mar, tampouco. A partir de hoxe a Villa terá unha nova oportunidade de estreitar esa complicidade da mellor maneira posible, de forma lúdica. O Parque da Palma será o escenario desde hoxe e ata o domingo, 29, do village público da Baiona Sailing Week. Un espazo –onde se poderá seguir a competición por unha pantalla xigante– apto para entendidos e profanos que o Concello de Baiona instalou para o goce de toda a veciñanza da regata.

O Village tamén servirá de escaparate para empresas locais e para o propio Concello de Baiona que tamén ofrecerá información turística para a promoción da localidade.

A apertura de portas tivo lugar esta mañá e deu paso ao acto de inauguración e apetura do espazo na que participaron o Alcalde de Baiona, Carlos Gomez Parado, o presidente de ACEBA, Marcos Comesaña, o Xerente de ACEBA, Carlos Fernández,o Vicepresidente do Monte Real Club de Iates, Alejandro Retolaza, Enrique Núñez, Secretario Xeral dá Federación de Comercio e Turismo de Pontevedra así como vos empresarios e empresarias locais participantes e representantes de distintas asociacións da Vila.

O recinto estará aberto en horario de . Trátase de metros cadrado que «teñen como obxectivo que o público teña que volver durante varias xornadas para saborear todo o que hai preparado»,explica o rexedor. . A programación de actividades espera impaciente poder facer gozar a público de todas as idades, á vencidade do municipio, aos regatistas e visitantes”.

Dado que o village público as persoas afeccionadas poderán seguir a competición a través dunha pantalla xigante, na que se retransmitirá a regata “fuxindo dos tecnicismos”para que todo aquel que o desexe poida ver o desenlace da competición a través dunha gran pantalla que reproducirá as últimas probas en realidade virtual”, sinala o Alcalde.

O espazo acolle leste mesmo venres de 15:30 a 16:00 un programa de radio en directo no participarán o Alcalde, Carlos Gómez Prado, o Presidente do Monte Real Club de Iates, José Luis Álvarez, o Presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, Marcos Comesaña, no que se abordará a regata e o impacto que a súa celebración supón para o municipio de Baiona.

A última hora da tarde, ás 21:00 hoxe venres e mañá sábado, a praza do concello acollerá o concerto de “ Blue Monk” e de “Vilar People”, respectivamente. O domingo 28, en sesión vermú ás 12:30 h o concerto de “Os do Barro”.

“Haberá animación todos os días, actividades nas que tamén participarán deportistas, a vencidad de Baiona e da zona, unha forma lúdica de vivir unha regata”, sinala o rexedor, Carlos Gómez Prado.

Baiona atópase nunha das súas semanas máis naúticas con motivo da ABANCA 52 SUPER SERIES · BAIONA SAILING WEEK que se celebra na Vila desde o pasado sábado. Toda unha semana na que tres equipos norteamericanos, dous ingleses, un alemán, un turco, outro surafricano e un noveno tailandés competirán na primeira cita da tempada do circuíto de monocascos máis importante do mundo.

O evento deportivo, patrocinado por ABANCA e Turismo de Galicia a través do Xacobeo, e apoiado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona, deixará un impacto económico na comarca do Val Miñor valorado en 2 millóns de euros. Aloxamentos, restauración, empresas de instalacións, transportes, loxística, náutica ou deseño son algúns dos sectores beneficiados pola chegada das 52 SUPER SERIES a Galicia.

Entre as empresas participantes atópanse: Somos Océano, Naútica Ronseis, Chalana by Batela, Aceites Abril, 4Eco Val Miñor, Xarkwetsuits, Bico de Xeado Freshcut sl, Nor- iberica de Bebidas sl,Adega Paco & Lola, Luís Escurís Batalla, Navieira Nabia Universidade Vigo, Atlántica de Sistemas contra Incendios Fireoff e Estrela Galicia

Más información

Hora

(Domingo) 12:00 - 22:00

Ubicación

Parque de A Palma

Organiza

Concellería de Deportes e Cultura

Medidas de protección y salud para este evento

Evento de exterior
X