A iniciativa “Baiona en Vela”, evento posto en marcha entre a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona ( ACEBA) e o Concello de Baiona, regresa á rúa Carabela A Pinta tras o éxito da primeira edición, posta en marcha o pasado verán.
Nesta ocasión trátase da “Edición Verán 2022” que comeza hoxe venres, 2 de setembro, e que se celebrará durante toda esta fin de semana. Desde ACEBA e o consistorio animaron ás empresas para participar no evento. Esta mañá tivo lugar a inauguración na que participaron o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, o Presidente de ACEBA, Marcos Comesaña, o Xerente de ACEBA, Carlos Fernández, Enrique Núñez, Secretario Xeral da Federación de Comercio e Turismo de Pontevedra así como os empresarios e empresarias locais participantes.
O horario de atención o público é de 10:00h a 22:00h.
A elección da rúa Carabela A pinta débese ao seu ambiente agradable e seguro, onde se aproveitará unha das zonas peonís do Centro Comercial Aberto Baiona Real. Marcos Comesaña, Presidente da asociación, indica que “Desde ACEBA, buscamos que os comercios saquen á rúa os seus produtos coa intención de dinamizar e incentivar o comercio local durante estes días”.
Pola súa banda, o alcalde, Carlos Gómez Prado, destaca que “o apoio ao comercio é indispensable para o noso Concello. O sector comercial é un dos principais activos da economía do noso municipio. Por tanto, con iniciativas como esta pretendemos incentivar a compra a nivel local ademais dunha aposta clara pola economía circular”.
Entre las empresas participantes atópanse:
ATLEET
LOS TEJANOS
ÓPTICA REAL
SILVERMAN
TORNASOL
JOYERÍA TULA
PAPASOL
ECOADEGA
MERCERÍA LENCERÍA CORCHETE
MODA RAFIKY
4ECO VAL MIÑOR
NAC COMPLEMENTOS
VN
NIÑATA
LALOLITA
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal