A Concellaría de Cultura do Concello de Baiona xunto coa Aula de Teatro/Non si? Teatro celebran quince anos da fundación desta última.
Para conmemorar tal aniversario deseñouse unha programación especial de cinco días de duración que dará comezo mañá, 1 de setembro, ás 21:00h no Auditorio V Centenario co monológo: Sexo Débil, Ou Carallo! E continuará até o domingo 5.
Baiescénica e Breveescénica crecen de formato para celebrar este aniversario tan especial. Creáronse coa idea de mobilizar á Vila por medio do teatro. O cartel ofrece todo tipo de espectáculos para todas as idades tendo como pano de fondo o humor. Trátase dun proxecto cargado de atractivos, que non deixará indiferentes aos espectadores e espectadores que se acheguen até a localidade a gozar do teatro e que se creou para coa idea de mobilizar á Vila por medio desta arte.
O Alcalde, Carlos Gómez, quere aproveitar a ocasión para felicitar tanto á aula como á súa directora, Mónica Sueiro, polo seu labor e pola súa traxectoria de 15 anos. Neste sentido, felicita ao colectivo actual e a quen algún día formaron parte del por ser “xerme vivo do teatro e da cultura en xeral na nosa localidade, conseguindo facerlles descubrir a moitos baioneses e baionesas esta arte”.
Pola súa banda, a Concelleira de Cultura, Míriam Costas, sinala tamén “a aposta decidida de impulsar a actividade cultural e artística”.
A traxectoria da aula de Teatro é destacada moi positivamente por ambos”xa que a través da súa actividade constante durante o últimos quince anos grandes e pequenos deste pobo achegámonos e coñecido o mundo de teatro”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal