Chegou ao Pantalán Cristobal García Sarmiento (xunto á Carabela Pinta) o Barco Pirata Wodnik.
O baionés Pipo Vilar, foi o artífice da parada do barco en terras baionesas. A travesía partiu desde Cádiz, pasou por Palos de la Frontera e arribou en el día de onte á vila mariñeira.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, foi o encargado de dar a benvida á tripulación á Vila de Baiona. Tamén recibiu á Tenente Alcalde Saint-Malo ,Clarisse Béchu, a localidade portuaria da bretaña francesa punto final da travesía da embarcación.
Vilar fixo entrega ao rexedor baionés dun pergamiño que contiña unha mensaxe do Nadal de felicitación do novo ano e a intención de seguir estreitando os lazos do poboo irmán de Palos de la Frontera.
Pola súa banda Gómez Prado “agradeceu ao baionés o traer até a localidade a embarcación para o goce de toda a veciñanza”.
O Alcalde de Baiona aproveitou a ocasión para convidar á representante institucional frnacesa á próxima celebración da festa da Arribada para coñecer de primeira man a festa por excelencia baionesa que ligou para sempre a vila coa travesía de Colón a América.
A embarcación es unha réplica do galeón polaco Wodnik do século XVIII, recuperándose en 2010 para a serie ‘Piratas’ de Telecinco, con Pilar Rubio e Óscar Jaenada como protagonistas. Ten 30 metros de eslora, salón, adega e tres cubertas, e estará uns días na Real Vila.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal