Esta fin de semana dan comezo en Baiona os torneos que se realizarán ao longo dos tres meses de verán. Estes son unha excelente oportunidade para gozar do turismo deportivo e do lecer de vida saudable. Participar nestes eventos deportivos non só é divertido , senón que tamén promove un estilo de vida activo e saudable.
O Día 15 de Xuño dan comezo co Torneo Vila de Baiona da man do Club Baíña fútbol sala , realizarase no parque da Palma da forma na que empezou este deporte, ao aire libre.
O seguinte será o Torneo voleibol praia o 27 de xullo.
O Torneo Basket de 3×3 o 9-10 de xullo, e finalmente o Torneo Pas Praia o 24 de agosto .
Desde o Concello agradecemos aos clubs o seu traballo e a súa constante participación no día a día da Vila.
Podedes anotaros directamente en www.baionacodeporte.gal
Gozade do verán en Baiona cunha ampla oferta de lecer, turismo e deporte!