Baixo a lema “practica deporte para todos e todo o ano”, a Concellaría de Deportes de Baiona porá en marcha as Escolas Deportivas Municipais o próximo día 1 de outubro. Este departamento, dirixido por Miriam Costas, mantén aberto o prazo de inscrición para as súas 31 actividades dirixidas a escolares e persoas adultas.
A novidade deste curso é a potenciación de tres programas distintos: Escolas Deportivas Municipais, Deporte Escolar, e outras Escolas deportivas.
Así, o Alcalde de Baiona,Carlos Gómez Prado, destaca que “a oferta da Concellaría de Deportes alcanza aos amantes do deporte individual e colectivo co propósito de ofrecer un abanico de cursos que respondan as demandas da maior cantidade de poboación posible. Co lema “practica deporte para todos e todo o ano”, pretendemos animar e achegar as instalacións municipais á cidadanía indistintamente do sexo e as idades, fomentando a participación e ofrecendo unha forma cómoda e dirixida de facer deporte”.
As persoas adultas poderán acudir aos distintos espazos deportivos do Pavillón Municipal de Baiona a clases de crossfit, Core, Trx, Ioga, Spinning, Fítness, Ximnasia de Mantemento, Gap, Aerobic, Pilates, Ximnasia terapéutico, zumba, Circuit training, Ximnasio Cardio vascular e adestramento personalizado.
Os escolares poderán desenvolver en cada un dos centros escolares municipais, onde os monitores desenvolvesen actividades xa moi instauradas: Tenis, Baloncesto, Fútbol –salga e outras novidades como Pádel, Fitness Iniciación, Psicomotricidade e Iniciación á musculación.
En canto ás outras escolas deportivas, a Concellaría de Deportes desenvolve esta actividade baixo os convenios de colaboración cos colectivos municipais e que abarca unha multitude moi importante de variedades deportivas a prezos moi competitivos que permiten diversificar a oferta deportiva. Entre elas atópanse as actividades de: Vea Lixeira (MRCYB), Ximnasia Rítmica (Club Ronseis de rítmica), Patinaxe artística (Club Patinaxe Baiona), Tenis (Club de tenis Baiona, Baloncesto (Club Baloncesto Baiona), Judo (Deputación de Pontevedra – Federación Galega de Judo), Loita Olímpica (Club de loita Sabaris), Windsurf e Caseta up Paddle (Wesport Ladeira), Atletismo (escola de running), Tiro con arco (Bai arco Baiona) e como novidades para o presente curso escolar 2021-22 preséntase a escola de Badminton que se desenvolve a través do club Rosalía, Fútbol Americano co recentemente creado club os Conquers de Baiona e Xadrez que levará a cabo a través da Federación Galega.
As persoas interesadas en participar en calquera das actividades deberán pasar polas oficinas do pavillón municipal e acollerse a unhas das distintas opcións do perfil do usuario que abarca desde o socio individual, familiar ou pensionista incluso podendo escoller a duración do perfil seleccionado anual, curso escolar (8 meses, de outubro a maio) ou 4 meses. Tamén se pode tramitar todo vía email: deportes@baiona.org
Toda a información da Oferta Deportiva do curso 2021-2022 está dispoñible na páxina web municipal https://www.baiona.gal/deportes-e-cultura/area-deportes/ así como tamén a ficha de inscpción para matricularse.
Para maior información dirixirse ao Pavillón Municipal, disponse de Teléfono: 986.356.558 – deportes@baiona.gal
Documentación matrícula Escolas Deportivas Oferta Deportiva 2021/2022
Folleto oferta deportiva 21_22
FICHA_INSCRICION_21 22_editable
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal