Este domingo, 19 de decembro, a contorna do antigo Campo de fútbol de Santa Marta será o escenario que acolla a XXII Edición do Cros Escolar do Val Miñor, coas categorías desde chupete até xuvenil e con distintas saídas.
Esta proba acollerá as categorías cadete masculino/feminino (nacidos nos anos 2007-08), que sairán ás 10:45 h. e 11:00 h. correlativamente. Os atletas infantís masculino/feminino (2009/10) correrán ás 11:15 h e 11:25 h. A de alevín masculino/feminino (2011/12) que empezará ás 11:35 h. e 11:45 h. Os participantes benjamín masculino/feminino (2013/14) terán saída ás 11:55 h. e 12:05 h. A categoría de pre benjamín masculino-feminino (2015/16) con saída ás 12:10 h. e 12:20 h. Por último, os atletas de Cros máis pequenos serán os chupetes masculinos/feminino (nados 2017-18) que empezarán a correr ás 12:30 horas e 12:40 horas.
Máis de 800 escolares reuniranse en en entrono do Campo de fútbol de Santa Marta para disputar as probas seguindo todas as medidas preventivas fronte ao Covid-19.
Desde a Concellaría de Deportes do Concello de Baiona lémbrase que o uso da máscara é obrigatorio en todos os espazos exteriores si non se pode manter a distancia física interpersoal de distancia, excepto na proba física.Ademais do uso correcto da máscara, lémbrase aplicar as medidas hixiénicas e manter as normativas de distancia social marcados polos protocolos de seguridade contra o Covid-19.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal