Onte o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña e a Concelleira de Educación, Nuria Leyenda Gómez, recibiron no Salón de Plenos do Concello ás alumnas do CEIP Cova Terreña gañadoras de dous Certames de Poesía, acompañadas polas súas familias, titoras, profesoras e compañeiros do Centro Educativo.
Aroa Misa García alumna de 5° curso de Primaria foi a gañadora na Categoría de Primaria da Segunda Edición do Certame de Poesía “Premio Respira” co seu poema titulado ” Sí e Non” que de seguido foi publicado nun libro do Certame ,onde se recolleron todos os poemas gañadores.
Laura Amorín Rodríguez, alumna de 6° curso de Primaria foi a gañadora do Certame Francisco Añón de Poesía co seu poema titulado ” Non sei” do Accésit, na Categoría D ( mozos e mozas de 12 a 14 anos).
Carmen Elena Alves Fernández co seu poema ” A nosa terra” e Daniela Molas Martínez tamén de 6° curso de primaria, foron as gañadoras do primeiro premio compartido na Categoría C ( nenos e nenas de 10 a 11 anos).
Os poemas de estas tres alumnas tamén van ser recollidos nun libro onde se publicarán todos os poemas ganadores do Certame Francisco Añón.
Foi un orgullo recibir as alumnas e ter a oportunidade de escoitarlas recitar os seus fermosos poemas.