O Concello de Santiago co apoio da Secretaria Xeral de Política Lungüística da Xunta de Galicia organizou o I Certame de Poesía Respira! para estudantes co gallo da celebración do Díada Poesía, e Daniela Rial Estévez alumnado do CPI de Cova Terreña ven de gañar este certame.
O CPI de Cova Terreña celebrou o Día da Poesía co seu alumnado de 5º de Primaria, un acto de recoñecemento a esta alumna gañadora do concurso. O acto oficial do certame tivo lugar pola tarde en Santiago de Compostela. A galardonada acudiu acompañada polos seus pais, pola Directora do Centro, Isabel Martínez Cabaleiro, pola Xefa de Estudos do Centro, pola súa tutora…
O acto no salón de actos do centro educativo contou coa presenza da Concelleira de Cultura do Concello de Baiona, Miriam Costas, quen destacou na súa intervención “a labor que se fai dende o colexio e todo o claustro do profesorado, impulsando proxectos participativos que axudan ao alumnado a crecer”. Así mesmo, a concelleira trasmitiu os parabéns de parte do Concello de Baiona e, os seus propios, a alumna e os pais de Daniela, presentes no acto, por apoiar á súa filla nestes proxectos, así coma a todo o alumnado que participou no certame. Durante o acto, Daniela Rial Estévez, deu letura do seu poema gañador.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal