O Concello de Baiona informa de que a partir deste luns, 3 de outubro, a Casa da Navegación de Baiona pecha as portas para a reforma promovida polo proxecto europeo EXPLORATERRA que divulga as grandes navegación peninsulares. Galicia está representada pola viaxe da Carabela Pinta, recaendo en Baiona esta honra, ademais de Andalucía e Portugal.
Os traballos de mellora terán unha duración de dúas semanas e traerán consigo moitas novidades.
Como é habitual a casa seguirá atendendo as reservas de visitas de grupos para a réplica da Carabela Pinta.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal