Os operarios de Vías e Obras do Concello de Baiona están a preparar un campo de bolos celtas no parque de “A Palma” para esta fin de semana.
Maña, sábado 30 de xullo, a partir das 16:00h e o domingo, a partir das 10:00, disputarase a liga deste deporte tradicional nas categorías de infantil e alevín.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e o Concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez Álvarez, sinalan “a importancia deste deporte milenario no Val Miñor ao que mostramos todos o noso apoio. Ademais esta disciplina cada día é máis practicado polos nosos veciños e veciñas. Por todo iso, desde o Concello de Baiona comprometémonos a seguir potenciando e poñer no lugar que se merece esta disciplina”.
Así mesmo destacan que, “coa organización destas probas en Baiona en plena tempada alta achegamos e promocionamos este deporte, con forte arraigamento no Val Miñor, entre todos os visitantes da Vila”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal