O Multiusos- Mercado de Sabarís continúa coas exposicións coa mostra de esculturas “Espazos fóra de Espazo” de Liliya Pobornikoba e Nando Álvarez.
As persoas interesadas poderán visitar a exposición ata o próximo 15 xuño en horario de luns a venres de 17:00- 21:00 h, os sábados de 11:00-21:00 h e os domingo e luns de 11:00 h-14:30 h.
Organizadas pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona, o Multiusos- Mercado de Sabarís dá continuidade ás exposicións durante os próximos meses.
Este espazo singular encherase de arte para que os veciños e veciñas poidan gozar desta expresión artística. Tamén co obxectivo de dinamizar a vida da localidade, contribuír á reactivación económica.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal