Hoxe venres, 3 de decembro ás 11:00 h, no salón de plenos do concello de Baiona, tivo lugar a presentación da programación “Bainadal 2021-2022.”
O concello de Baiona desvelou nunha aposta segura pola dinamización cultural da vila, toda a programación cultural de temática do Nadal que se desenvolverá durante todo o mes de decembro e primeira semana de xaneiro en Baiona durante estas datas do Nadal.
Dita programación, está subvencionada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través do Plan concellos 2021 e organizada pola Concellería de cultura de Baiona. Nela, participarán as asociacións culturais de Baiona, que retoman a súa actividade cultural, volvéndose a subir a un escenario e que arrincará esta tarde co tradicional acendido da iluminación do Nadal que ambientará de luz e cor as rúas e prazas do municipio.
Contemplaremos acendido, o poboado de Nadal realizado pola Festa Escénica para ambientar de ilusión e maxia a arteria comercial de Baiona, a alameda e a rúa carabela Pinta. Acto seguido, está previsto a actuación das Cherry Sweet co seu espectáculo Cherry Christmas.