A Concellería de Deportes do Concello de Baiona atópase inmersa nos preparativos da campaña de fomento dos deportes náuticos “Semana Azul 2022” e na organización da acampada escolar “Semana Verde” que se celebrará os próximos 27,28 e 29 de xuño na Praia e no Cámping da Ladeira.
Entre as actividades que poderán gozar os escolares na “Semana Azul” atópase: a vela lixeira, surf, pádel surf, piragüismo, kite surf e windsurf. Unha oportunidade única para gozar do deporte, do mar e de Baiona. Aínda queda algunha praza dispoñible para aquelas persoas interesadas en participar. As inscricións pode realizarse en Pavillón Municipal de Deportes en horario de 9:00-14:00 h e de 18:00-21:00 h, a través do 986 35 65 58 ou por email: deportes@baiona.gal
En canto á “Semana Verde“ consiste en actividades de lecer, xogos e outras de carácter informativo onde o coñecemento da fauna, flora e historia da nosa contorna completan o programa. Neste caso xa están todas as prazas cubertas.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal