Esta mañá, o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a Concelleira de Deportes, Miriam Costas Iriarte, achegáronse a visitar ás persoas participantes e a coñecer de primeira man as impresións dos participantes na a “Semna Verde” as súas impresións acerca da actividade.
Máis de cincuenta escolares baioneses participan nas actividades que durante tres días están a realizarse no Cámping da Ladeira e tamén a organización da acampada escolar “Semana Verde”, na que están a participar 51 persoas mozas do municipio en Cámping da Ladeira.
En canto á “Semana Verde“ consiste en actividades de lecer, xogos e outras de carácter informativo onde o coñecemento da fauna, flora e historia da nosa contorna completan o programa.
As pequenas e os pequenos iniciaron o luns a primeira das tres xornadas (luns 27, martes 28 e mércores 29 de xuño) polo que hoxe pola tarde clausurarase esta divertida eperiencia.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal