Baiona clausurou hoxe o programa de Conciliación no que participaron 30 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos esta semana Santa. Unha iniciativa da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona a través do Centro Municipal de Información á Muller, que cumple unha dobre función: promover a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral. A actividade é cofinanciada pola Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2022(Liña 2).
Así, o 11, 12,13 e 18 de abril de 2022 no CPI Cova Terreña os nenos e nenas participantes puideron gozar coas numerosas e variadas actividades organizadas, que incluíron desde xogos ata talleres e manualidades.
O programa de Conciliación Semana Santa 2022 tivo unha gran acollida entre as familias do municipio xa que se cubriron todas as prazas ofertadas.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal