A presidenta de Femupo, Raquel Touriño, xunto coa Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira Costas, fixeron entrega dos diplomas da acción formativa de “Manipulador/a de Alimentos de alimentos” ás persoas da localidade que participan no Plan Corresponsables, un proxecto para favorecer a conciliación de familias con menores dende un enfoque de igualdade entre mulleres e homes.
A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona colabora con a Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) que activou con este curso a primera das accións do Plan Corresponsables en Baiona.
Tamén levaránse a cabo outras accións de formación encamiñadas a un futuro recoñecemento da experiencia laboral das mulleres, como por exemplo; primeiros auxilios, competencias básicas ou competencias dixitais.
“Para Femupo supón un gran impulso como federación xa que nos converte na agrupación social e feminista referente do Plan Corresponsables na provincia de Pontevedra,” declara Raquel Touriño, presidenta de Femupo. “Isto vainos facilitar medios para levar a cabo multitude de accións por toda a provincia e así expandir a nosa filosofía de traballo co obxectivo de acadar a igualdade das mulleres.”
Un dos principais eixes do Plan Corresponsables Femupo é a formación gratuíta para que as mulleres poidan acceder ao Certificado de profesionalidade no coidado de menores de ata 16 anos. O Plan contempla ademais a creación dun censo laboral que se porá a disposición de empresas e administracións que busquen persoas dispostas a traballar no coidado de menores
Con esta iniciativa, búscase favorecer que mulleres poidan acceder a empregos de calidade nos seus lugares de residencia ou exercer profesionalmente unha actividade que viñan desempeñando de maneira non formal.
“Temos que ser conscientes de que hoxe en día conciliar o traballo cos coidados familiares supón facer malabares. Hai que investir e educar para facer real a corresponsabilidade de maneira que os coidados se compartan e deixen de ser cargas na vida familiar,” comenta Touriño.
O acordo enmárcase na aposta da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona pola conciliación e a corresponsabilidade e a creación de emprego de calidade.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal