O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, aconsella, tras o resultado da última analítica de potabilidade das fontes naturais existentes no municipio, que non se debe consumir auga da Fonte do “Pombal”, situada no Camiño Real (Sabarís), ata novo aviso. O resultado de dita analítica indica que a auga se atopa no límite de potabilidade para o consumo humano.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal