O Multiusos Ángel Bedriñana acolleu o acto de fin de curso do programa de Estimulación Terapeútica e do taller de “Cultiva a túa Mente” organizados pola Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Baiona en colaboración con AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia).
O Alcalde, Carlos Gómez, e a Concelleira de Servizos Sociais, Conchy Vara, foron os encargados de facer entrega dos diplomas aos usuarios e usouarias de ambas as actividades. Ambos quixeron coñecer de primeira man como transcorreran os programas este ano marcado polo COVID-19 e tamén se achegaron ás instalacións municipais para desexarlles un feliz verán. Foi unha tarde moi amena, chea de momentos entrañables.
O Presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, dirixiu unhas palabras de agradecemento tanto aos usuarios e usuarias, como ao propio rexedor, agradecendo a alta participación nos mesmos e resaltando a especial sensibilidade deste Concello desde o primeiro momento en que tiveron contacto.
Así mesmo, resaltou que a dignidade unha vez máis, é o alicerce que impulsa que estes programas avancen e constitúan un eixo primordial no día a día de todos os veciños e veciñas do municipio.
Un total de 25 usuarios beneficiáronse de ambos os programas que desenvolverán até finalizar o mes de xullo. O mes de agosto será de vacacións e en setembro poranse en marcha un novo curso de ambos os programas xa que tiveron moita acollida entre a cidadanía da localidade.
O Programa de Estimulación Terapéutica para persoas con necesidades específicas do que se están beneficiando veciños e veciñas do municipio diríxese a persoas co obxectivo de desenvolver a estimulación cognitiva e funcional, ao mesmo tempo que se proporciona apoio aos familiares coidadores.
Os talleres tienen lugar os luns e venres nas instalacións do Edificio Multiusos Anxo Bedriñana, Rúa Carabela Pinta número 9, en horario de mañá de 10:30 h. a 13:00 h.
O Alcalde do Baiona, Carlos Gómez Prado, destaca “o compromiso do Concelloe n proporcionar recursos á nosa poboación e dar continuidade a o programas, sendo unha resposta dos dereitos que a cidadanía demanda”.
TALLER “CULTIVA A MENTE”
O Departamento de Servios Sociais dió continuidade a este programa iniciado no ano 2019, cunha acollida elevada e que continuou consolidándose no 2020.
Este ano “Cultiva a mente” , se prolongó afianzando a continuidade do mesmo.
Impártese todos os luns e martes de 17:00h a 19:00h no Multiusos Anxo Bedriñana, está dirixido a maiores de 55 anos interesados no desenvolvemento activo e participativo, promovendo hábitos de vida saudables, mantendo un rol que facilita unhas mellores relacións sociais, a prevención da soidade, así como a independencia e a autonomía persoal.
“Desde o Concello de Baiona queremos trasladar todo o noso agradecemento áFAGA e o seu persoal por este gran traballo levado a cabo cos nosos veciños e veciñas”, finaliza o rexedor.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal