O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona informa da apertura do prazo para a presentación de solicitudes do PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO (BALNEARIOS):
Ata o 9 de xaneiro de 2023: para solicitar praza nos meses de febreiro ata agosto, ambos inclusive.
Ata o 15 de maio de 2023: para solicitar praza nos meses de setembro a decembro, ambos inclusive.
Para a inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que queden vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
Ata o 14 de maio de 2023: para solicitar praza nos meses de febreiro ata agosto, ambos inclusive.
Ata o 15 de novembro de 2023: para solicitar praza nos meses de setembro a decembro, ambos inclusive.
Para calquera información pódense poñer en contacto co departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona a través do teléfono 986385926 en horario 9 a 13. Tamén nas propias instalacións municipais situadas na planta baixa do edificio no mesmo horario.
A información e o formulario de solicitude de participación no programa de termalismo do Imserso tempada 2023 atópase dispoñible a continuación:
https://imserso.es/espacio-mayores/envejecimiento-activo/programa-termalismo-imserso
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal