Baiona afronta o seu primeiro fin de semana da tempada estival cun dispositivo especial coordinado entre a Policía Local e a Garda Civil para evitar os botellóns.
Desde o Concello co obxectivo de continuar velando pola protección da saúde e seguridade da cidadanía na nosa localidade, vanse ha adoptar medidas para vixiar as zonas e lugares de maior afluencia de persoas, evitando así agrupacións nas que non se cumpran as distancias, co principal obxectivo tamén de evitar os botellóns que están prohibidos.
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Óscar Martínez, sinalou que non se vai a baixar a garda, e a Policía Local e a Garda Civil vain a seguir traballando para evitar un retroceso nos avances conseguidos fronte á pandemia, e vixiaranse os botellóns para previlos”, á vez que pediu “seguir mantendo a precaución, as distancias e minimizar o risco de contagios, levamos máis de dous meses en nivel de risco baixo e o programa de vacinación está a avanzar a bo ritmo polo que é necesario continuar garantindo a seguridade e a saúde de todos e todas”.
Desde o Concello de Baiona solicítase á cidadanía, especialmente ás persoas máis novas e dado os rebrotes dos últimos días neste sector da poboación, continuar demostrando o comportamento cívico dos últimos meses, que transcorreron sen incidentes e con máximo respecto ás medidas sanitarias.
Para evitar estas aglomeracións a Policía Local e a Garda Civil vai organizar un Plan Antibotellón, os axentes realizarán controis itinerantes e estaranse movendo por a localidade, e polos lugares e zonas onde se adoitan concentrar as persoas novas como o parque da Palma.
Pola súa banda, o Alcalde de Baiona sinala que “la Policía Local e a Garda Civil vai proceder a previr as agrupacións de mozas consumindo alcol nas prazas, parques ou zonas da vía pública, vanse a comisar as bebidas, levantando actas de sanción, e pídese a máxima colaboración aos mozos. Ambos os efectivos continuarán traballando cunha dobre función nestas zonas co Plan Antibotellón, por unha banda preventiva, xa que coa presenza constante e os controis evítase que se monten os botellóns, e doutra banda punitivas sancionando o consumo de alcol na vía pública”.
Goméz expón que “ desde a alcaldía e o departamento de Seguridade Cidadá reunímonos con Policía Local e a Garda Civil para coordinar as accións encamiñadas a garantir o cumprimento das normas anunciadas pola Conselleria de Sanidadee no noso municipio. Neste punto quero agradecer a colaboración e o traballo de ambos os efectivos”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal