Os traballos de mellora do camiño Fonteloureira en Belesar finalizaron. O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e o concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez, visitaron o final das obras.
Desde a Concellería de Vías e Obras, Óscar Martínez, sinala que “co proxecto de mellora do vial levouse a cabo a renovación do firme coa aplicación dunha nova capa de rodadura e o arranxo da base nas zonas máis danadas. Tamén se procedeu á mellora da drenaxe mediante a realización dunha cuneta de formigón que recollerá e canalizará as pluviais. Así mesmo, procedeuse á limpeza das marxes do camiño”.
A obra, realizada por Construcións Fechi, supuxo un investimento de 34.970,88 euros e foi financiada polo Concello de Baiona e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
Pola súa banda, o alcalde, Carlos Gómez, sinalou que “con esta obra favorecemos a conexión existente entre o barrio de Estivada co barrio do Urgal, conseguindo unha mellora na seguridade e comodidade de todas as veciñas e veciños. Esta obra súmase a unha de tantas que o noso goberno está a realizar nas parroquias, co fin de mellorar as condicións das mesmas”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal