A renovación do colector principal da rúa “O Rego Durán” no Burgo arranxa un problema de filtracións que viñan padecendo a veciñanza do lugar.
O Concello de Baiona encargou as obras á empresa concesionaria Gestagua que renovou por completo o colector principal. Procedeuse á substitución da tubaxe de formigón existente nese tramo por unha nova tubaxe de PVC. O Concello fixo unha inv ersión de 5063, 41 euros.
Unha renovación necesaria, xa que a rede “era antiga e producía filtracións en vivendas da rúa e no propio pavimento da vía”, apunta o Concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal