O Concelleiro de Actividades Marítimas, Joaquín López Goce, realizou unha visita ao Campus de Deportes Naúticos que vén celebrando durante esta semana na praia Ladeira, en horario de de mañá de 10:00h a 14:00h e de tarde de 16:00 a 20:00h.
O Campus de Deportes Naúticos conta coa colaboración do Shafire Nautic e o Monte Real Club de Iates. Durante o trascurso do mesmo, desde este martes 4 de xullo ata este sábado 8, o alumnado está tendo unha toma de contacto con esta disciplina, baixo a guía de monitores titulados en diferentes disciplinas de surf, windsurf, pádel surf, vela lixeira e piragüismo.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal