O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu un acto de recoñecemento á traxectoria da deportista baionesa Iria Ludeña. Durante este acto, a padeeira foi sorprendida coa noticia de que o Concello de Baiona converteuna na Madriña dos Deportes Naúticos 2023.
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, o Concelleiro de Actividades Marítimas, Joaquín López Goce e a Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, fixeron entrega dun agasallo institucional e un ramo de flores. O agasallo institucional trátase dunha Carabela Pinta de metal negro cunha inscrición na que figura o seu nomeamento como: “Madriña dos Deportes Naúticos 2023 do Concello de Baiona”.
“Desde o Concello de Baiona en xeral e desde a concellería de actividades marítimas en particular , fixémosche vir non só para recoñecer a túa traxectoria e os éxitos conseguidos ata hoxe, senón que queremos destacar e salientar o esforzo, o traballo, a dedicación e o compromiso que se adquire a través do deporte. Por iso, como exemplo de deportista desde temperá idade, é un orgullo para todos nomearche madriña dos eventos náuticos do 2023 no Concello de Baiona”, foron as palabras elixidas para desvelar a sorpresa.
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, destacou a carreira deportiva da baionesa “É un orgullo para Baiona ter unha veciña que demostrou con fartura que os límites non existen e que os obstáculos se poden superar con tesón, ilusión e deportividade. Es un exemplo para seguir polo resto de baionesas e baionesas e tamén un exemplo que demostra que o deporte se pode compatibilizar cos bos estudos. Grazas por levar o nome de Baiona alá por onde vas”
A deportista baionesa estivo arroupada no acto pola súa familia e por unha representación do Monte Real Club de Iates, “os padriños dos deportes naúticos de Baiona”. Daniel Benavides Alonso, Xefe Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra tamén participou no acto.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal