
DON JESUS VAZQUEZ ALMUIÑA, ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DE BAIONA (PONTEVEDRA).
FAI SABER:
Que detectáronse verquidos de combustibel en varios puntos da rede de saneamento municipal, o que xenerou
presenza de cheiros e posibles gases perigosos e inflamables.
OS RISCOS QUE SE PODEN PRODUCIR SON:
Posible explosión por acumulación de vapores.
Afectación á saude por inhalación de gases tóxicos.
Contaminación ambiental e danos no proceso de depuración, pola chegada destes residuos á estación depuradora de augas residuais de Baredo.
MEDIDAS DE SEGURIDADE:
1. Non fumar, encender fogo nin usar aparellos eléctricos cerca de sumidoiros ou desaugadoiros.
2. Si percibe cheiro forte a combustibel ou gas, abandoe a zoa e chame ó Concello de Baiona ou o teléfono de emerxencias 112.
IMPORTANTE:
O orixen do verquido está sendo investigado e aplicaranse as sancións correspondentes segundo a normativa vixente, dado que este tipo de accións poñen en grave risco a seguridade e o medio ambente.
Rógase a máxima colaboración da cidadanía se poden proporcionar datos sobre o orixe do verquido.
O que se fai público para xeral coñecemento, agradecendo a súa colaboración.
Baiona, 21 de novembro de 2025.
O ALCALDE




