O vindeiro domingo día 6 de ABRIL/25, estará pechada ao tráfico a PO 552 en zona centro de Baiona; por criterios de seguridade non se permitirá o acceso ao Parador, aparcadoiro A Palma e Club Náutico desde as 11:00 horas ata as 13:30 horas.
O CORTE ABSOLUTO do tráfico rodado na PO 552 será operativo nun PRIMEIRO tramo da PO 552, desde a rotonda do porto pesqueiro (PK. 16’500) ata a entrada ao parador e permanecerá pechada ao tráfico a partir das 6:00 horas; nun SEGUNDO tramo da PO 552 desde a rotonda da Autoestrada AG-57 de Sabarís (PK. 14’300) ata a rotonda de Villarosa (pk. 17’000) á altura da intersección coa EP 2202 e permanecerá pechada ao tráfico a partir das 10:00 horas ata as 13:30 horas; conxuntamente, o operativo de pre-sinalización circunstancial na PO 552 con desvíos alternativos pola AG-57 (ESTE-PK. 14’370) intersección coa Vía Urbana de Sabarís e AG-57 (SUR-PK. 19’000) intersección coa EP 2203 (Baredo-Baiona).
Entre as 11:00 e 13:30 horas o acceso ao Parador, Club Náutico e aparcadoiro da Palma estará pechado ao tráfico ata fin de carreira con motivo da seguridade dos participantes ao evento. Os puntos de corte ao tráfico da PO 552, TRAMOS DE CORTE ABSOLUTO, realizaranse con sinalización circunstancial e presenza estática de Policía Local; as demais localizacións apuntadas efectuaranse con sinalización circunstancial e vixilancia dinámica de Policía Local; apuntar que as vías alternativas de desviación da circulación de vehículos durante a devandita proba deportiva efectuarase a través dos viais da EP 2201, EP 2202 e EP 2203 e viais secundarios, unha vez finalizado o operativo o tráfico quedará restablecido.
Concello de Baiona