O Concello de Baiona declara tres días de loito oficial en honra a nosa veciña Estela, presunta vítima dun asasinato machista ocorrido o venres 8 de novembro de 2024.
En resposta ao lamentable suceso, a Xunta Municipal de Portavoces reuniuse de urxencia esta mañá e decidiu adoptar medidas para abordar este grave feito. Os portavoces dos grupos políticos, en representación dos veciños do Concello de Baiona, condenan enerxicamente o asasinato e rexeitan calquera forma de violencia.
A autoridade material destes feitos debe ser esclarecida canto antes. O Concello de Baiona expresa as súas condolencias á familia de Ronsel, incluíndo á súa filla, pais, irmá e demais parentes.
En virtude deste acordo, decrétase tres días de loito oficial desde as 00:00 horas do día de hoxe ata as 0:00 horas do día 11 de novembro deste ano. Durante este período, as bandeiras do Concello ondearán a medio mastro.
Ademais, convócase a todos os veciños de Baiona a un minuto de silencio na praza do Concello ás 12:00 horas do domingo 10 e luns 11 de novembro, en memoria do nosa veciña Estela.
O Concello de Baiona está comprometido coa xustiza e a protección dos dereitos humanos. Neste momento difícil, queremos mostrar o noso apoio á familia afectada e a nosa determinación para traballar cara a unha sociedade máis segura e respectuosa.
Concello de Baiona