
O Concello de Baiona dá a coñecer a programación Baiverán 2026, co obxectivo fundamental de dinamizar a tempada estival na Vila de Baiona.
Haberá Festivais, verbenas e festas patronais, actuacións e espectáculos musicais, monólogos, folclore popular, maxia, conferencias e exposicións de pintura, fotografía, e escultura, roteiros e visitas guiadas, conferencias de diferentes temáticas.
Entre as actuacións musicais destacamos bandas, grupos, tríos e solistas como: os concertos como, o concerto Denis, Los Lunes al Sol, De Pablos, Tonichi&Pacheco, A Polémica Banda dos Bechuchos, Sons do Val Brañas Folk, Pablo Alonso, Gabriel Fandi, Treixadura e unha longa lista de actuacións.
Estarán presentes tamén as Asociacións Culturais de Baiona como xa vén sendo tradición e costumes, que nos deleitasen cos seus repertorios estivais entre as que destacamos A Coral Polifónica A Cela de Baredo, Coral Polifónica Baiona La Real, Coral Polifónica San Lorenzo de Belesar, o Coro de Homes Voces Baionesas, Baiona Bay y más.
Actuacións folclóricas como a Asociación Folclórica Vila de Baiona, Airiños da Lagoa de Baíña con o grupo de gaitas Os Trebellos, A.F.Ardelume de Baíña.
Festivais de Danza como as das Escolas de Baile Giro´s de Baíña, Dando La Nota de Baredo, Escuela de Danza Paradela o L’Danzia…
Riso e humor cos tradicionais monólogos estivais que estrean título de sección con Bairetranca, que aumenta a súa oferta, comezando en xullo con Xavi do Tell e Pablo Meixe que virá da man do Programa + Escénica da Deputación de Pontevedra. Contiunará enchendo de “retranca” o mes de agosto.
Tributos e grandes espectáculos musicais como: o Tributo aos Beatles, Tributo a Joaquín Sabina, a actuación de Rubén Simeó & Agrupación Musical de Belesar o Unha noite na Ópera e a Zarzuela.
Volven Festivais como o Entre Playas Sunset Festival, o Barbos Fest, a 4ª edición do Festival Peregrino Encontro no Camiño, o Pequefest con festa Holi y festa da espuma, e moita diversión para os máis pequenos no centro de Baiona e tamén nas parroquias.
Orquestras de renome como Fania Blanco Show e Panorama que estarán no Parque da Palma o 15 e 16 de xullo(festivo local) con motivo das Festas da Virxe do Carmen, patroa de todos os mariñeiros. Finisterre, Os Player’s e París de Noia que estará previsto que suban ao escenario para as festas patronais da Virxe da Anunciada, patroa de todos os baioneses, encherán de música, luz e son o parque da Palma o 31 de xullo e o 1 e 2 de agosto de 2026.
Tamén haberá eventos como exposicións de pintura, fotografía e escultura no Multiusos de Sabarís. Charlas e coloquios con relatores de proxección nacional e internacional, tamén no Multiusos de Sabarís. Roteiros culturais, históricos e turísticos con andainas e visitas guiadas que dan a coñecer e divulgar todos os encantos e recunchos do municipio.
Isto é posible grazas á colaboración de asociacións como ACEBA, de asociacións culturais e folclóricas da vila, de institucións públicas que patrocinan a través do Plan+ Provincias 2026, + Música a cargo ambos os programas da Deputación Provincial de Pontevedra, o programa Cultura no Camiño-AGADIC da Xunta de Galicia en concellos polo que discorre a ruta Xacobea. Todos xuntos dan cobertura económica a toda a programación Baiverán que o Concello de Baiona dá a coñecer e que abarca desde mediados de xuño ata finais de setembro.
Concello de Baiona





