A participación de España na EUROCOPA DE FÚTBOL 2021 e XOGOS
OLÍMPICOS DE TOKIO 2020 son acontecementos que, ademais do lóxico
interese deportivo, xeran un incremento da actividade do sector da hostalería
dado ao gran seguimento que teñen tódolos partidos, especialmente os da
nosa Selección Nacional.
En atención ao crecemento e proxección do sector hoteleiro baionés, e co
obxectivo de facilitar a animación e o encontro dos veciños nas rúas os días de
partido, vaise permitir excepcionalmente aos establecementos que conten coa
autorización pertinente, trasladar as terrazas e veladores, pantallas e
dispositivos audiovisuais, SEN AMPLIFICACIÓN DE SON, cumprindo sempre coa
normativa de ruídos,para que dese xeito os seus clientes poidan seguir ao aire
libre a retransmisión dos respectivos encontros.
Esta medida terá vixencia durante a “EUROCOPA DE FUTBOL” que vai
dende o 11 de xuño ata o 11 de xullo de 2021, e para os “XOGOS OLÍMPICOS DE
TOKIO 2020”, que van do 23 de xullo ao 8 de agosto de 2021.
O Concello ten a convicción do bo criterio e sentido común dos
empresarios e hostaleiros baioneses, así como dos clientes e usuarios, á hora
de facer compatibles o seguimento deportivo co necesario dereito ao descanso
dos veciños.