
Servirá para a difusión de información relevante, eventos e noticias importantes que poidan afectar os empresarios da nosa vila
Os comerciantes de Baiona contan cunha nova canle de comunicación xestionado pola Concellaría de Comercio na que todos os empresarios que o desexen poderán inscribirse para poder xestionar dunha forma rápida e sinxela calquera problema ou dúbida que lles poida xurdir no seu negocio.
Terá, entre outras cousas, unha canle informativa a través do número de teléfono 694314178 onde os empresarios poden unirse para obter información rápida, colaborar en proxectos comúns e acceder ás novidades que afectan o tecido empresarial local.
Este espazo de traballo pode servir tamén para mellorar as relacións comerciais e o apoio mutuo entre os empresarios e o Concello. Pódese inscribir calquera negocio da nosa vila interesado en participar destas opcións con só engadir a numeración á axenda do seu teléfono móbil e enviar unha mensaxe que será validado pola Concellaría de comercio para o seu bo uso.
Con esta nova oficina, o Concello pretende facilitar a relación dos comerciantes e a administración publica, e poder facilitar aos que o desexen, información, acceso a subvencións e facilidades para a resolución dos problemas e dúbidas que poidan xurdir no día a día dos nosos empresarios.
Concello de Baiona





