
Estudos Rafer en colaboración co Concello de Baiona organizan unhas xornadas de formación gratuítas, en dixitalización de Pemes, os próximos días 9, 10 e 11 de febreiro, e en horario de 16,30 a 19,30 horas no auditorio do centro multiusos Ángel Bedriñana.
É un programa de formación, para Pemes, Autónomos e empresas de menos de 250 empregados na que poderán asistir ata 2 persoas por empresa e as inscricións son limitadas ata completar aforo.
O temario é amplo e de moito interese para as empresas, xa que, con novas normativas vixentes, hai dúbidas e estas formacións axúdanlles a ter coñecemento nestas materias, entre elas destacan:
Facturación electrónica dixital (verifactum), que proximamente será obrigatoria.
Ciberseguridade para Pemes
Control horario dixital
Marketing dixital e posicionamento web Redes sociais
WhatsApp business
Intelixencia artificial aplicada á empresa.
As inscricións realízanse a través do correo electrónico antonio.juncal@estudiosrafer.es ou a través do móbil chamando ao 677848095.
Desde o Concello de Baiona destacamos estas formacións como algo esencial para os emprendedores da nosa Vila que lles axudarán a adaptarse de maneira sinxela ás novas normativas que pronto serán obrigatorias no noso país.
Concello de Baiona





