A Concellería de Comercio do Concello de Baiona informa de que están cubertas todas as prazas ofertadas do obradoiro de cociña infantil para cativos e cativas a partir dos 5 anos que se celebrará este sábado 3 de xuño en horario de 11.30 a 13.00 horas na praza de abastos de Baiona.
Esta iniciativa, desenvólvese ao arredor do 27 de maio, Día do Mercado, e que en Galicia está promovida pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta en colaboración cos concellos, como o día 27 de maio, foi xornada de reflexión, decidíuse realizar a actividade o día 3 de Xuño.
O obxectivo da campaña e levar a cabo unha actividade e conseguir así, dinamizar a praza de abastos.
Os nenos e nenas de Baiona aprenderán a coñecer novas receitas coa campaña “Quere o teu mercado”, unha iniciativa que busca dinamizar os mercados e prazas de abastos, enchéndoos de actividade e de vida e fomentando o consumo de produtos locais entre a veciñanza.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal