Os xardíns da Biblioteca Pública Municipal acolleron o acto de homenaxe ao personal sanitario e os voluntarios e voluntarias de Protección Civil do Val Miñor.
O grupo de fusión de arte do Val Miñor “ Solaina” integrado por Soledad García, Laine Villero e Natalia Guisande , presentaron o seu novo proxecto PoemarCovida co Concello de Baiona, unha mistura de poesía, pintura e deseño, para facer unha homenaxe ao persoal sanitario do Val Miñor e deixar constancia no entorno máis local da situación vivida, pois a cultura non é allea ao que sucede.
As artistas inundaron de poesía, pintura e deseño os xardíns da Biblioteca municipal de Baiona co seu novo traballo, PoemarCovida. A escritora Soledad García realizou un recital poético para os asistentes, amenizado polo guitarrista Pablo Prego do centro de música Gain Over.
O recital foi o fío conductor que formou parte do acto de homenaxe organizados polo Concello de Baiona.
En canto as intervención, Iago Pereira, Presidente de Protección Civil Val Miñor, compartiu a experencia vivida polos voluntarios e voluntarias de protrección Civil e gradeceu o Concello de Baiona esta homenaxe en recoñocemento oseu traballo.
Pilar Covas,médica e coordinadora do Centro de Saúde do Val Miñor, falou en representación do persoal sanitario, para expor os alí presentes o experimentado durante á pandemia deste colectivo. Tamín adicou unha palabras en agradecer este recoñecemento.
Tamén interveu Luis Suárez, médico e xefe da cección de crítico quirúrxicos no Hispiltal de “La Paz” en Madrid que tamén coordinou unha das unidades COVID e que deu a coñecer o vivido no seu hospital.
Pola sua parte, o Alcalde de Baiona, cerrou o turno de intervencións, cun discurso no que agradeceu a ámbos colectivos polo seu traballo durante os anos difíciles de pandemia. O rexedor tamén tuvo unhas palabras para as vítimas que perdoran a vida: “ O meu recoñecemento a ambos colectivos esténdese máis aló dese gran labor iniciado fai máis de dous ano, cando empezaron a batallar contra este virus, o meu recoñecemento é tamén ao seu labor diario. Brillaron polo seu xestos e polos feitos. Así que hoxe é o momento de agradecer o traballo que cada un destes especialistas realizaron. Hoxe é un día especial, o día de recoñer o traballo ben feito, un día para compartir o recordo e tervos presentes a todas e todos, os que están e os que sufriron a maís dura das consecuencias desta dura pandemia. Un recordo para todas esas víctimas que perderon a vida e tamén para todas as que padecen as secuelas da desta enfermidade”
Un reconocemento que en palabras de Gómez Prado: “Trátase dun agradecemento sinceiro a todos e todas os que velastes polo nosa saúde e seguridade , polos que coidastes do noso ben más preciado, a nosa sáude. Un agradecemento que non dubido en que o conxunto da sociedade coincide en dárvolo. Polo que este é un recoñecemento de toda a ciudadanía do Val Miñor”.
Entre as persoas asistentes ao acto de homenaxe había representates dos distintos Centros de Saúde do Val Miñor, voluntarios e voluntarias de Protección Civil, membros da Corporación do Concello de Baiona e representantes de distintas asociacións baionesas.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal