O próximo 18 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas celébrase o XI Baidemuiñeias.
A A.F Vila de Baiona, en colaboración co Concello e ACEBA, organiza o XI Baidemuiñeras que este ano se celebrará no Paseo de Pinzón.
Ás 17:30h realizarase a ruada desde o Porto Pesqueiro ata a zona peonil da rúa Carabela Pinta, onde os grupos participantes bailarán un par de pezas todos xuntos para logo continuar ata o Paseo de Pinzón onde ás
18:00h celebrarase o Festival.
Nesta ocasión deleitarannos coas súas actuacións Os Festiceiros (Vigo), as Pandeireteiras Alxibeiras (Ponteareas), As Pandereteiras de Monteboi (Baiona), Asociación Cultural A Seneira (Baiona) e a A.F Vila de Baiona.
En caso de choiva celebrarase no Auditorio V Centenario ás 18:00h.