A praza do Concello de Baiona volverá ser o lugar que acolla as actuacións da axenda cultural baionesas despois da pandemia.
A primeira das moitas actuacións programadas neste escenario terá lugar o 14 de maio ás 19:00 h e será a primeira edición da Homenaxe á tradición do Val Miñor. Unha oportunidade para achegarnos a escoitar a música tradicional da nosa terra.
O certame, un acto colectivo de homenaxe á música tradicional no que participarán nove agrupacións musicales e vocales dos tres concellos miñoráns (Nigrán, Gondomar e Baiona)
Trátase dun evento que achegará a nosa tradición musical á vila mariñeira e turistica de Baiona.
Os grupos participantes serán: A Seneira, Pandereteiras Monteboi, Os Carunchos, Terribles de Donas, Breogán Val Miñor, Tradisón, Asociación Folclórica Santa Baia de Donas, Cantares do Brión e Novos Galiños de Belesar esta iniciativa que serve de espello para toda Galicia.
En caso de choiva trasladarase ao Auditorio V Centenario de Baiona.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal