Esta mañá o salón de plenos do Concello de Baiona acolleu a presentación do Festival “La Recta” que se celebrará o vindeiro sábado 10 de xullo en o emblemático enclave da Península de Santa Marta. No acto estiveron presentes o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, a concelleira de Cultura, Miriam Costas, representantes da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA) e unha representación dos empresarios que na época dourada da recta tiveron locais tan emblemáticos como o Persígueme Rodríguez, Yaba, La Bici, Banús,Elígeme, Villa María, La casa o La otra casa nesta coñecida zona de lecer baionesa. Tamén Santiago Sánchez do cerro, cantante de “O Capitán Inhumano” que interpretó su famoso canción “Qué difícil es hacer el amor en un Simca 1000” en directo para abrir boca para o vindeiro sábado 10 de xullo.
“A idea é levar a cabo un Festival para Baiona, que se consolide no tempo e que recolla a varias xeracións, música sen data de caducidade que nos traslade a “calquera tempo pasado foi mellor. Concertos e gastronomía que faga lembrar aos que a viviron e ensinen aos que non tiveron a oportunidade de facelo. Queremos converter Baiona nun referente da época dourada do Pop español”, sinala a concelleira de cultura, Miriam Costas.
“Si te acuerdas de los 80 es que no los viviste”. Esta frase de Loquillo mide os graos de implicación na década en que España se fixo moderna e deixou o mito da ‘movida’ asociado a un tempo. A ‘movida’ foi principalmente Madrid. Tamén o foi Vigo e Baiona era unha das principais paradas da movida viguesa.
Pola súa banda oAoc alde, Carlos Gómez, destaca que “Nesta primeira edición queremos involucrar a diferentes sectores, como a hostalaría de Baiona e por suposto aos veciños e veciñas a través do propio Concello. É un festival que nace con afán de chegar a consolidarse no panorama musical, para iso, nesta primeira Edición será o Concello quen patrocinará todo o evento para ofrecelo en formato gratuíto. É unha oportunidade única de reinvindicar a historia da movida baionesa. Tamén un recoñecemento a todo os empresarios e empresarias que apostaron por esta zona de Baiona e que co seu traballo e esforzo conseguiron situar a localidade en parada obrigatoria da ruta da famosa movida ochentera”.
Nun primeiro momento a empresa encargada da produción tiña outro nome para o festival pero foi o propio rexedor foi quen tivo a idea de vincular o festival ochentero con “a recta” e “a súa movida” e con todos aquel empresario e empresarias que puxeron a Baiona no mapa da movida viguesa.
O espazo escollido o evento non podería ser outro que a península se Santa Marta, enclave ideal para contextualizar os anos 80 baioneses, posto que é a entrada á Recta de Baiona.
Máis de seis horas de música, desde as 18:30 até a 1:00 A.M aproximadamente, transaladarán a todas as persoas que se acheguen a gozar das música ochentera. Unha alternativa de lecer segura xa que o aforamento estará supervisado con control de presenza. Unha ferramenta que permitirá mostrar o aforamento en tempo real.
O cartel do festival compono “El Norte”, “The refrescos”, “Tenesse”, “Los limones”, “El Capitán Inhumano” “Trogloditas” e un Dj ochentero.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal