O programa cultural de verán do Concello de Baiona, Baiverán, reserva hoxe un oco para o primeiro dos catro monólogos de humor previstos en xullo e agosto. O cómico ferrolán Danny Boy Rivera será o primeiro do cartel e ofrece o seu espectáculo “Stand Up!” no Parque da Palma a partir das 21.00. O ciclo “Baiona con humor” prevé a actuación do artista local Rafa Durán o próximo día 28. En agosto chegarán outros dous cómicos do panorama galego. David Amor actuará o día 11 e Oswaldo Digón, o 25.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal