O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, informa de que a partir de hoxe será necesaria a inscrición previa para acudir ás actuacións gratuítas que terán lugar no recinto habilitado no Parque da Palma que forman parte da axenda cultural Baiverán.
A tradicional oferta cultural de verán organizada desde a Concellería de de Cultura adáptase á situación sanitaria actual mediante o sistema de reserva previa de entradas a través da páxina web oficial do Concello de Baiona: www.baiona.gal.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e a Concelleira de Cultura, Miriam Costas, tomaron esta decisión tras as novas medidas acordadas polo comité clínico. “Non debemos baixar a garda ante a situación sanitaria actual, por iso tomamos esta decisión. O acceso ao recinto da Palma onde se celebren as distintas actividades que forman parte da programación cultural realizarase mediante a reserva previa de entradas. Desde que comezou esta programación o control dos aforos e as garantías de cumprimento das medidas de protección e seguridade sanitarias xa estaban garantidas pero ante a situación sanitaria actual queremos ir un paso máis aló”, sinala o rexedor.
O sistema de cita previa, para as actividades culturais que se celebrarán en “A Palma”, será necesaria unha inscrición que se abrirá sete días antes do día de celebración de cada unha delas.
Desde o Concello de Baiona apélase á responsabilidade individual de cada persoa para evitar que a evolución epidemiolóxica empeore no municipio
“Desde o comportamento exemplar que demostraron os nosos veciños e veciñas ata o de agora, temos que seguir pedindo disciplina e un maior esforzo para minimizar os riscos que seguen estando moi presentes”, indica o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado. Ao mesmo tempo que sinala que “ O importante agora é seguir cumprindo estritamente as indicacións sanitarias, tal e como a cidadanía baionesa vén facendo con exemplaridade desde o inicio da pandemia”, finaliza o rexedor.
Desde o Consistorio faise un chamamento ao cumprimento estrito de todas as indicacións das autoridades sanitarias.
Sistema de inscrición nas actividades
Para a participación nas actividades e eventos do Concello de Baiona no recitindo habiliatdo no Parque da Palma, atópase dispoñible na páxina web oficial da Corporación, un novo sistema de inscrición, o cal foi actualizado e púxose en funcionamento hoxe mesmo.
Trátase dun sistema dinámico e práctico, no cal se observan os días das diferentes actividades, co horario e unha pequena descrición das mesmas. Unha inscrición que reza: “Sistema de inscrición previa obrigatorio na actividade”.
Cabe destacar que as inscricións para as actividades de mañá e pasado mañá semana xa están dispoñibles a partir de hoxe a través de https://www.baiona.gal/calendario/
Información importante
Os eventos serán sentados en cadeiras de 2 en 2 mantendo a distancia de seguridade entre asistentes, o uso de máscara é obrigatorio en todo o recinto e está prohibido bebidas alcohólicas e fumar . Serán aplicables a maiores as medidas por covid-19 vixentes no momento da celebración do evento.
LISTA ACTUACIÓNS “Sistema de inscrición previa obrigatorio na actividade” :
– CONCERTO: TRES PESOS
– CONCERTO HOMENAXE DÍA DE GALICIA “GUADI GALEGO”
– BAIONA CON HUMOR: Rafa Durán. “Duranadas”
– CONCERTO: “SPANISH CASTLE MAGIC”. TRIBUTO A JIMI HENDRIX
– ESPECTÁCULO FAMILIAR: “PAIO E O PODER DA MÚSICA-O MUSICAL”
– CONCERTO: “TRIBUTO A SABINA”
– “BAIONA CON HUMOR”: David Amor “Love está en el aire”
– CONCERTO: “CHERRY SWEET”
– ESPECTÁCULO FAMILIAR: “ TITANIC”
– CONCERTO “FRESQUITO Y MANGO”
– BAIONA CON HUMOR: Oswaldo Digón. “Anecdoloxía”
– CONCERTO: “XENTE TÓXICA
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal