A decoración do establecemento “Avicolor Pinturas”, resultou gañadora do primeiro premio dotado con 500 euros. O segundo galardón foi para Náutica Estelas, “E.S.T.E.L.A.S S.L”, dotado con 300 euros mentres que o terceiro levouno Naútica Vento, “ Publidactic S.L.”, provisto con 200 euros.
O Concello de Baiona convocou este concurso en colaboración coas asociaciones de empresarios ACEBA, COEMSA e OVALMI co obxectivo de promover e incentivar a creatividade comercial de Baiona á hora de presentar os establecementos, facelos máis atractivos ao consumidor ou consumidora reforzando a imaxe dos mesmos e dinamizar o comercio local durante as datas do Nadal.
O xurado encargado de ditar fallo estuvo composto por persoas da directiva das asociacións de empresarios presentes no municipio, unha persoa destacada relacionada coas artes escénicas e 2 funcionarios do concello.
Entre os criterios de valoración, o xurado valorou aspectos como o engalanamiento da fachada, o escaparate e a decoración interior dos comercios, o deseño e calidade, os materiais de refugallo empregados, a innovación, e o traballo e a dedicación na elaboración.
En total, foron dezaseis os establecementos que participaron nel, aos que o Concello de Baiona quere agradecer moi especialmente o seu esforzo e dedicación para lograr que durante estas festas, as rúas ofreciesen a través das súas fachadas, escaparates e interior alegría.
Desde a Concellaría de Cultura, encargada de organizar o concurso, se animó aos negocios a converterse nun referente comercial decorativo con la intención de que esta actividade atraese aos veciños e veciñas a gozar dunha contorna ambientada coa singular decoración que animagarra ás compras do Nadal no comercio da Vila.
O salón de plenos do Concello de Baiona foi o escenario que acolleu o acto de entrega dos premios e os diplomas do concurso “Decorando Baiona non Nadal”.
No acto, estivo presente o Alcalde, Carlos Gómez, e a Concelleira de Cultura, Miriam Costas.
O rexedor agradeceu e felicitado ás persoas gañadoras pola súa participación no concurso e pola súa contribución a dar ese especial toque do Nadal áv illa e atraer ao público con este tipo de actuacións.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal