A Festa da Arriba regresa á vila de Baiona do 4 ao 6 de marzo tras o parón pola pandemia, coa ilusión de congregar a unha multitude de visitantes.
A Subdelegación de Goberno en Pontevedra e o Concello celebraron esta semana unha Xunta Local de Seguridade para centrarse en promover e coordinar as medidas durante o tradicional evento.
Os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado poñerán en marcha controles de circulación nos accesos a Baiona, tanto con medios terrestres como aéreos. Tamén se activarán controis de drogas e alcoholemia para previr a posible falta de responsabilidade dos condutores.
Ademais, os axentes da Policía Local exercerán de apoio durante a celebración das actividades festivas. Na Xunta Local revisouse o plan de protección elaborado polo Concello, no que se establecen os medios municipais para garantir a seguridade no evento.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal